A Coruña súmase ás cidades que acollerán o proxecto NBA 3×3 – BBVA. (FEGABA, 05/09/2012 )

– Tras a confirmación xa anunciada da súa presenza en Santiago, o programa NBA 3×3 – BBVA engade a A Coruña á nómina de cidades que disfrutarán deste espectáculo, que se articula coa modalidade 3×3 como protagonista e conta co apoio da FGB.

– As datas establecidas para a posta en marcha desta exhibición NBA en A Coruña comprenden os vindeiros 29 e 30 de setembro.

A Coruña e Santiago de Compostela vivirán este mes de setembro a maxia da NBA. Ambas as dúas localidades galegas acollerán o programa NBA 3×3, unha xira a nivel nacional que fusiona o baloncesto con actividades lúdicas e interactivas ao máis puro estilo NBA.

A actividade, promovida e organizada por BBVA, terá en Galicia dobre parada, escollendo o Parque da Alamenda, en Compostela, e o Centro Comercial Marineda City en A Coruña como sedes para o groso de todos os eventos.

Durante dúas fins de semanas consecutivas o universo NBA ocupará así o seu particular oco en Galicia, e virá acompañado de gratas sorpresas. A presenza dunha lenda da NBA en Compostela e A Coruña, así como multitude de exhibicións, concursos e actividades realzarán a xa de por si atractiva competición 3×3. BBVA, Adidas, Foot Locker, Kia Motors, Hp, Leite Pascual e Sprite encargaranse de que todo saia á perfección.

Categorías e Inscrición
O NBA 3×3 – BBVA abre a súa inscrición para mozos e mozas a partir de 11 anos, dividindo a súa participación en diferentes categorías.

Deste xeito, en cada caso, poden inscribirse de balde equipos de 3X 3 en categoría U12, U14, U16 e Open (máis de 17 anos). Nas tres primeiras con competición feminina e masculina e, na denominada Open, nunha única categoría mixta.
Para os trámites de inscrición a organización mantén activas as seguintes ligazóns:

Santiago de Compostela – 22 e 23 de setembro
http://nba.playoffinformatica.com/Event.php?idEvent=37&idCategoria=40

A Coruña – 29 e 30 de setembro
http://soy.bluebbva.com/me-divierto/nba/inscripcion/

 

NOTICIAS RELACIONADAS

En estas fechas son muy tradicionales los torneos navideños, nuestr@s chic@s han participado este fin de semana en dos de...
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en mas Información