Para nos, as escolas de basket son moi importantes.
Son a nosa xanela para poder presentar este marabilloso deporte ós peques e as súas familias. Moit@s de nós crecemos formando parte dun equipo e queremos que el@s teñan a mesma magnífica experiencia. O deporte fíxonos como somos e sabemos que ten unhas capacidades formativas extraordinarias: superación, esforzo, vivencias…
Dende o Club Baloncesto Culleredo queremos agradecervos a vosa confianza e convidámosvos a participar no primeiro “Día das Escolas” que se celebrará o vindeiro sábado 21 de decembro de 10:00 a 13:00 no Pavillón Municipal do Burgo.
Achegarémonos tódolos colexios vinculados co Club, ademáis doutros do Concello, para realizar un día lúdico de partidos e pasar una boa xornada xogando o básquet.
So lembrarvos que, para organizar a actividade, é preciso que confirmedes a asistencia dos cativ@s ó voso adestrador.
AGARDÁMOSVOS A TOD@S
SOMOS CULLE!!!