FAITE ABONADO

Xa está en marcha a campaña de abonos para a tempada 2025/26 do Club Baloncesto Culleredo.
Nesta nova tempada do club en TERCEIRA FEB seguiremos contando co patrocinio principal de TRAUMACOR, co que seguiremos desfrutando xuntos do baloncesto.
Como cada tempada queremos ofertar aos nosos abonados as mellores vantaxes da man dos nosos colaboradores e patrocinadores, que iremos actualizando con noticias e publicacións na nosa web, App e a través das redes sociales.
OS NOSOS PATROCINADORES
TRAUMACOR | Dr de Casas y asociados
Rda. Nelle 72, 15005 A Coruña
HERRERA Y CORES | Clínica dental
Concepción Arenal 10 baixo, Praza de Catro Camiños
Rúa Estanque 6, 15679 O Temple, Cambre
En Herrera Y Cores ofrécennos as seguintes prestacións GRATUITAS para socios, xogador@s e familiares de 1º grao coa tarxeta de soci@:
- Exame e diagnóstico inicial
- Limpeza bucodental baixo prescrición médica, técnicas de cepillado e topificacións de flúor.
- Plan de tratamento, modelos de estudo e orzo personalizado.
- Extraccións simples.
- Fotografías.
- Análises oclusais.
- Pulido de obturacións.
- Control postoperatorio e servizo de urxencia.
- Revisións semestrais.
- Posibilidade de financiar cualquera outro tratamento ata en 36 meses sen intereses.
TAMÉN COLABORA CON NÓS
Taller da Estación de Ferrocarril, A Coruña
Un ano máis contamos coa colaboración de FEUVERT, que por ser abonado do Club Baloncesto Culleredo, ofrece:
- Duas revisións anuais (válidas para un só vehículo por abonado e ata o 30 de xuño de 2026).
- Un 25% de desconto na man de obra en multitude de operacións en taller.
FAITE ABONADO
Este ano contaremos cun único formato de ABONO INDIVIDUAL de 25€. Con esta cuota simbólica permítese a entrada a todos os partidos que dispute o equipo na casa. A entrada xeral ten un prezo de 5€ por partido, e é de balde para todos os rapaces e rapazas ata 18 anos.
A alta de abonos farase online. O carné de abonado é un documento dixital persoal e intransferible que os abonados terán dispoñible no seu perfil da App do clube nos seus dispositivos móviles. Amosando o código QR do carné dixital permitirase o acceso gratuito ás instalación nos días de partido.
Preme aquí para acceder ao formulario de alta.
FAITE ABONAD@!
