Nesta tempada 19/20, o noso clube ten o apoio externo de moitas empresas, patrocinadores e colaboradores sen os cales este proxecto sería inviable.
Estas empresas saben que nalgunhas ocasións é difícil chegar a interactuar directamente cos membros da familia deportiva; por iso, moitas delas decidiron sumar unha serie de descontos e promocións nos seus produtos e servizos, incrementando así o beneficio de ser socio.
Hoxe queremos presentarvos algunhas delas:
Feuvert Coruña (Av. do Ferrocarril 10, A Coruña) ofrece a cada abonado:
- 2 revisións tipo pre-ITV GRATUITAS cada ano
- 25% de desconto na man de obra
Intectoma (C/ Amparo López Jean Nº 21 – 23 Bajo, Culleredo) ofrece a cada abonado:
- 10% de desconto no contrato de servizo de prevención de riscos laborais aos socios e abonados protectores
Outboard Nautica (Aldea Tarabelo, 32, Sada) ofrece a cada abonado:
- 15% de desconto en accesorios náuticos y servicio de mantenimiento a fuerabordas
E isto é so o principio.
Dende a diretiva estamos a traballar a reo para que esta tempada, ser socio do clube, sexa unha maneira de dar resposta a todo o voso apoio.
SOMOS CULLE!!!