As xornadas do 15 e 22 de abril serán días especiáis no Pabellón de O Burgo, serán partidos decisivos para o CB Culleredo na súa loita polo ascenso a Liga EBA.
O clube quere premiar a fidelidade dos seus seguidores con sorteos exclusivos para todos aqueles que asistan ós partidos.
Entre os agasallos a sortear contaremos con:
_ 3 patinetes eléctricos cortesía dos nosos colaboradores Feuvert e Primera Linea.
_ 2 estancias de unha noite nunha casa de turismo rural para dúas persoas cortesía do noso colaborador Naturlar.
_ 1 camiseta de Alberto Corbacho firmada.
_ 1 balón firmado pola plantilla.
_ 1 desconto do 50% para o campus AC33 Alberto Corbacho cortesía de AC33 Campus.
¿Cómo podo participar?
Os asistentes aos partidos recibirán 1 rifa de participación por cada consumición que fagan no bar.
A maiores, os asistentes tamén poderán mercar rifas extra a prezo de 2€, ou tres rifas por 5€.
¿Cando se farán os sorteos?
Os sorteos terán lugar ó longo das xornadas.
O primeiro realizaráse a mañá do sábado 15, no descanso do segundo partido e haberá un segundo sorteo pola tarde, de novo no descanso do segundo partido.
O último sorteo realizaráse o sábado 22 na final.
Moita sorte a todos!












