LIGA BABY BASKET

Os nosos cachorriños xogan a Liga Baby Basket. É unha liga sen marcadores e polo tanto sen clasificación. Están inscritos equipos da comarca: Betanzos, Oleiros, Sada, Coruña, Carballo, Ponteceso… Os encontros teñen lugar 1 vez ao mes e aínda que son organizados pola FEGABA, as instalacións e o persoal organizador póñeno os clubs participantes.


A primeira xornada tivo lugar en Ponteceso hai unha semanas e o pasado sábado tivo lugar a segunda, organizada polo club de Sada Golfiños, aos cales agradecemos o magnífico esforzo organizador.
En cada xornada xoga cada equipo dous partidos. Os encontros son de dous cuartos de 15′ a tempo corrido e nun formato de 4×4 sen marcador.

É unha liga que ten como obxectivo iniciar aos rapaces na competición. Trátase de que entenda a normativa e ao mesmo tempo entendan a razón dos fundamentos que ensinamos nos adestramentos.

SOMOS CULLE!!

 

NOTICIAS RELACIONADAS

En estas fechas son muy tradicionales los torneos navideños, nuestr@s chic@s han participado este fin de semana en dos de...
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en mas Información