Seguimos cas presentacións de novos colaboradores;
O patrocinio deportivo é o que nos permite seguir vivos. Non só económico como tal, senón prestando as súas influencias ou infraestruturas.
No Club Baloncesto Culleredo tentamos reflectir coas nosas accións un estilo de vida acorde aos nosos principios de deportividade, sen deixar de buscar bos resultados. Competir de forma sa e con compañeirismo.
Isto resúltalles atractivo e representativo a empresas como as que hoxe vos presentamos, grazas ao seu apoio e o de moitas máis que vos iremos presentando, podemos e poden saír adiante clubes como o noso, formando a rapaces, na actualidade case 300, en valores e experiencias que quizais non se aprendan en casa nin no cole.
De novo, moitas grazas!!!
0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar