Presentación HERRERA & CORES

O deporte feminino en xeral e o baloncesto en particular, está en auxe e creceu moito nestas últimas décadas.

Cada tempada son máis as nenas que queren formar parte da nosa familia deportiva, converténdose xa, na metade da nosa canteira.

Este ano, a clínica dental HERRERA & CORES,  convírtese no principal colaborador dos equipos femininos do clube para continuar nesta progresión. Co apoio á nosa canteira en xeral e o primeiro equipo feminino de 1ª Autonómica en particular.

Esta tarde algunhas das xogadoras do primeiro equipo e o noso adestrador Gonzalo, quixeron achegarse por unha das súas clínicas situadas en Rúa Concepción Arenal, 10 Baixo, Praza de Catro Camiños e Rúa Estanque, 6, 15679, Cambre; para agradecer a súa confianza no clube e coñecer de primeira man o bo facer deste equipo de profesionais.

Tamén aproveitamos para lembrarvos que para @s xogadores, as súas familias e soci@s do clube ofreceron unha serie de prestacións totalmente gratuítas que podedes consultar en “Beneficios de ser socio tempada 19/20” no apartado “oficina” do menú principal.

Moitas grazas Herrera & Cores por confiar en nos!

SOMOS CULLE!!!

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en mas Información