PRIMERA LINEA PRESENTA A FICHAXE DE GLEN YANG

https://api.clupik.com/clubs/87/images/clubTransparent.png
CLUB BALONCESTO CULLEREDO
29 de noviembre de 2019

Hoxe e da man dun dos nosos colaboradores, PRIMERA LINEA CAR AUDIO (Av. Ferrocarril, 68), tivo lugar a presentación de Glen Yang (Canada 1996). Este novo e xoven escolta de 1,92 e pasaporte inglés, debutou no noso Clube a pasada fin de semana, no partido contra Usal La Antigua en Salamanca. Facendo boa gala do seu xogo con 15 puntos, 4 rebotes,  2 asistencia e 17 de valoración en 20 minutos de partido. Seguro será un apoio importante nesta tempada.

E apoios de empresa como Primera Línea, é o que fai posible que continuemos, tanto @s nos@s xogadores, a canteira e as súas familias ,  soñando, formando e gozando dun deporte tan marabilloso como é o baloncesto.

PRIMERA LINEA CAR AUDIO é un taller especialista en venda e instalación de equipos electrónicos no automóbil.

Levan 25 anos instalando, asesorando e garantindo todos os seus traballos, toda unha reputación gañada polo boca a boca, por esforzo e as cousas ben feitas. Se os coñecedes, serán o voso taller especialista de man, que vos darán tranquilidade, fiabilidade, seguridade e sobre todo garantía dun servizo correcto.

Benvido a túa casa Glen,

Benvido o teu club.

Primera Línea, Grazas.

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar