Hoxe e da man dun dos nosos colaboradores, PRIMERA LINEA CAR AUDIO (Av. Ferrocarril, 68), tivo lugar a presentación de Glen Yang (Canada 1996). Este novo e xoven escolta de 1,92 e pasaporte inglés, debutou no noso Clube a pasada fin de semana, no partido contra Usal La Antigua en Salamanca. Facendo boa gala do seu xogo con 15 puntos, 4 rebotes, 2 asistencia e 17 de valoración en 20 minutos de partido. Seguro será un apoio importante nesta tempada.
E apoios de empresa como Primera Línea, é o que fai posible que continuemos, tanto @s nos@s xogadores, a canteira e as súas familias , soñando, formando e gozando dun deporte tan marabilloso como é o baloncesto.
PRIMERA LINEA CAR AUDIO é un taller especialista en venda e instalación de equipos electrónicos no automóbil.
Levan 25 anos instalando, asesorando e garantindo todos os seus traballos, toda unha reputación gañada polo boca a boca, por esforzo e as cousas ben feitas. Se os coñecedes, serán o voso taller especialista de man, que vos darán tranquilidade, fiabilidade, seguridade e sobre todo garantía dun servizo correcto.
Benvido a túa casa Glen,
Benvido o teu club.
Primera Línea, Grazas.