TOMA DE CONTACTO DO NOSO JÚNIOR MASCULINO

 

Partido correspondente á 2ª xornada da Copa Galicia Junior.

ESTUDIANTES DE LUGO 96 – C.B CULLEREDO 67 (30-18; 10-18; 25-19; 32–12)

A visita a Lugo serviu para realizar o debut do equipo junior, que se desprazou con 9 xogadores para enfrontarse ao Estudantes de Lugo no Anexo I o luns pasado ás 19:30 h.

Os lucenses saen ao partido con moito ritmo e coas ideas máis claras, encaixándonos un parcial de 9-0. Un tempo morto para parar a sangría fainos reaccionar e empezamos a xogar con maior intensidade e descaro en ataque.

A primeira parte foi moi disputada e chéguese ao descanso cun marcador igualado (40-36 para os locais).

A segunda metade é reflexo dun partido propio de pretemporada, no que o noso equipo mantén a cara poñéndose 4 puntos por encima a falta de 4 minutos para terminar o terceiro período; pero a pouca rotación e a eliminación por faltas de tres homes fai que ao final se note o desgaste físico.

Estudantes con xogadores moito máis frescos no último tramo realiza un cuarto período para enmarcar desde a liña de tres puntos e en contraataques.

Vitoria merecida do cadro lucense. Toca seguir traballando.

Forza Culle!

NOTICIAS RELACIONADAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en mas Información